Tag Archives: galego

Hoxe pola mañán, Sabela Barreiro, Juan Porta e máis eu lanzamos ó Android Market a aplicación TradutorGalego.

Logo de TradutorGalego

Trátase dun tradutor centrado na lingua galega. Traduce palabras ou textos de ata 2500 caracteres do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Este é o QR-Code para descargar a aplicación:

QR-Code de TradutorGalego

A aplicación emprega de fondo o tradutor dispoñible en http://www.xunta.es/tradutor/text.do. E a verdade é que funciona moi ben, traduce os textos de xeito moi fiel.

Pero a cousa non queda aí.Ao lanzamento de ConxuGalego seguiulle o de DicionarioGalego ao cabo dunha semana. Algo máis tardamos en desenvolver este tradutor galego. O caso é que decidimos agrupar conceptualmente estas tres aplicacións no que démos en chamar GalApps: Toda a lingua galega no teu peto. Constitúe, de feito, unha suite de aplicacións da lingua galega para Android. O lanzamento de TradutorGalego foi acompañado da posta en marcha da web de GalApps, http://galapps.es, que recolle toda a información das tres aplicacións, e tamén dos tres creadores, Sabela Barreiro, Juan Porta e máis eu.

Web de GalApps

Aspecto que presenta a web de GalApps

Xa o sabemos (e inclúome), se non falamos ben galego, é, definitivamente, porque non queremos. De novo aproveito para agradecer a Marcos García e todo o equipo do grupo ProLNat@GE da Universidade de Santiago de Compostela e Cilenis, creadores do conxugador de verbos que emprega ConxuGalego, e que nos apoiaron (e apoian) en todo canto podemos necesitar. Tamén agradecemos a @MarcusFernandez, de @CodigoCero, que nos están a difundir nesta singradura tecno-lingüística que estamos a emprender. [1] [2] [3].
Agardamos que vos guste. E, coma sempre, acéptanse suxerencias, opinións, críticas… E para elo, e para seguir ben a actualidade das aplicacións, e de GalApps en xeral, estade atentos á nosa conta de Twitter: @GalApps (é a mesma que empregabamos para ConxuGalego, cun nome de usuario novo). A acollida que tivo no día de hoxe non poido ser mellor. Unha chea de novos seguidores en Twitter e outra chea de felicitacións de moita xente á que só lles podemos agradecer enormemente o seu apoio.

Deixo aquí as tres ligazóns ás respectivas aplicacións:

QR-Code de ConxuGalego

QR-Code de DicionarioGalego

QR-Code de TradutorGalego

PD: a internacionalización en PHP apesta. grgrgrggrggrrgrrrr…

Post to Twitter Post to Facebook